Saturday 16 de November de 2024

Para o Partido Popular unha entulleira incontrolada, á parte dun foco de infección, é un reclamo para novas verteduras


Exporá o tema ao Concello para a súa eliminación inmediata.

O Partido Popular de Sada faise eco do malestar veciñal ante a falta de control e esixencia na recollida de lixos.

Vertedoiros incontrolados contedores rotos, sucios e mal situados, son algúns dos problemas que o grupo popular xa informou nos distintos plenos e aos que se segue sen dar resposta.
“A protección do medio ambiente, especialmente asegurarse dunha recollida selectiva e tratamento de residuos, son cuestións que competen ao goberno municipal ” Manifestou Esperanza Arias.
” Non tomar medidas #ante unha entulleira incontrolada, non só contribúe a fomentalo senón que se acaba convertendo nun foco insalubre de onde poden derivar novos problemas” engadiu.
“Esperamos que se actúe de maneira inmediata non só retirando todo ese lixo senón que ademais indáguese quen é o responsable do depósito nesa zona”.