Saturday 16 de November de 2024

O Concello incrementará os policías operativos durante o mes de decembro


Ante a proximidade das festividades do Nadal, o goberno local incrementará o despregamento de policías operativos durante as fins de semana de decembro e realizaranse controis de droga e alcoholemia. O obxectivo principal desta medida é previr o consumo excesivo de alcol e garantir un ambiente seguro para a veciñanza así como para os visitantes.

A iniciativa ten como propósito abordar os posibles riscos asociados coas celebracións do Nadal, especialmente no que respecta a a seguridade pública e o comportamento relacionado co consumo de alcol.
“Ademais de previr o consumo irresponsable de alcol, o reforzo policial ten como obxectivodisuadir calquera comportamento delituoso e mellorar a resposta ante situacións de emerxencia.” explicou o alcalde Luís Pérez. “Espérase que esta medida adicional de seguridade brinde tranquilidade á comunidade durante a tempada do Nadal e fomente un ambiente festivo sen incidentes.”