Friday 22 de November de 2024

Laxe destina máis de 49.000 euros á renovación e mellora de camiños de Coéns


• A actuación está financiada a través do Plan Único de Concellos da Deputación da Coruña

• Jose Luis Pérez Añón destacou a importancia desta execución e sinalou que “co remate desta actuación, non só melloramos ás infraestruturas do Concello, senón tamén a seguridade vial

O Concello de Laxe destina un total de 49.505,46 euros renovar e mellorar distintos camiños no lugar de Coéns.

Esta actuación está financiada a través do Plan Único de Concellos da Deputación da Coruña, o programa de mellora da entidade provincial para financiar obras e servizos públicos nos Concellos.

Con esta obra, centrada na pavimentación da zona, Laxe contribúe a facilitar a circulación de vehículos no municipio, ao mesmo tempo que mellora unha infraestrutura de carácter básico, que redundará na calidade de vida da veciñanza.

O alcalde, José Luis Pérez, destacou a importancia desta execución e sinalou que “desde o Goberno local sempre traballamos para incrementar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas. Co remate desta actuación, non só melloramos ás infraestruturas do Concello, senón tamén a seguridade vial. “