O programación de Nadal de Neda, ademais das clásicas propostas para os máis pequenos da casa, terá en conta á poboación máis maior do municipio. Así, o Concello organiza a tarde do 22 de decembro, a xa tradicional merenda da terceira idade. Xa está aberto o prazo para inscribirse nesta iniciativa, destinada fundamentalmente a fomentar o encontro dos veciños e veciñas máis veteranos da localidade.
A cita, prevista para a xornada da tradicional Lotería de Nadal, desenvolverase no centro cívico de Neda a partir das 18 horas. E nela, ademais de saborear un bo chocolate con churros e roscón de Reis, non faltará o baile con música en directo e máis o sorteo de agasallos. Todo un prólogo das celebracións familiares que están por chegar.
A actividade será totalmente gratuíta para os veciños e veciñas da localidade, e terá un custo de 5 euros para os residentes fóra do municipio. As persoas que queiran participar poderán anotarse nas oficinas de Servizos Sociais do Concello ata o 15 de decembre ou ata completarse o aforo. As prazas son limitadas e asignaranse por rigorosa orde de inscrición.