Saturday 16 de November de 2024

A Asociación de Amas de Casa de Neda inaugura este venres o seu tradicional “Rastrillo Solidario”


Porán á venda flores de Pascua e obxectos artesanais, cuxa recadación íntegra destinarase ás familias con escasos recursos

A Asociación de Amas de Casa de Neda inaugurará este venres, 8 de decembro, o seu tradicional “Rastrillo Solidario2 na Casa das palmeiras. Alí, veciños e veciñas poderán adquirir plantas de Flor de Pascua e tamén unha morea de obxectos artesanais realizados polas socias. A recadación íntegra das vendas irá destinada a familias con escasos recursos do municipio.
O “rastrillo”, no que colabora o Concello, abrirá as súas portas do venres 8 ao domingo 10 de decembro, en horario de mañá (de 11 a 14 horas) e de tarde (de 17 a 20 horas). Unha excelente oportunidade para adiantar as compras de Nadal e poñer un gran de area nunha boa causa.