• Levará a cabo no CEIP José María Lage durante o período non lectivo de Nadal, en horario de 8 a 14 horas
• As prazas son gratuítas e as solicitudes poden cursarse ata o 20 de decembro no Rexistro do Concello ou na sede electrónica
A Concellería de Igualdade do Concello de Ortigueira volve organizar este Nadal o programa de conciliación ‘Sen Cole non Cole’. Está enmarcado no programa municipal ‘Conciliortigueira’, cofinanciado polo Plan Corresponsables da Xunta de Galicia.
O programa terá por obxectivo a conciliación e a igualdade de oportunidades para as nais e pais con fillos e fillas ao seu cargo. É totalmente gratuíto para as familias empadroadas no Concello de Ortigueira e desenvolverase nas instalacións do CEIP José María Lage en horario matutino, de 8 a 14 horas.
O Concello oferta este servizo durante o período non lectivo de Nadal para os nenos e nenas. Deste xeito, serán un total de nove xornadas, xa que a prestación arrinca o venres 22 de decembro. A seguinte semana ofrécese do martes 26 ao venres 29 de decembro incluídos. E xa tras Aninovo, os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro. Desta maneira, ‘Sen Cole non Cole’ supoñerá unha ferramenta útil para aqueles pais e nais que non teñan outras opcións para coidar aos seus fillos e fillas mentres traballan.
Hai un total de 20 prazas e as solicitudes poderán realizarse ata o mércores, 20 de decembro, a través do Rexistro do Concello ou na sede electrónica.