Friday 22 de November de 2024

A Pobra xa ilumina as súas noites de Nadal


Numerosa veciñanza achegouse na tarde deste 2 de decembro á praza Alcalde Segundo Durán para asistir ao acto de acendemento do alumeamento do Nadal organizado pola Concellaría dos Servizos Municipais. Animadas pola charanga Xuntanza e cun dos elfos de Papá Noel guiando o evento, as crianzas pedían ser as elixidas para preme-lo botón; momento no cal se iluminou a árbore situada na dita praza, as grilandas das estradas e os Xardíns de Valle-Inclán.

 

Deseguido, a atención desprazouse á praza do Emigrante, onde se procedeu coa inauguración do belén municipal. Uns preparativos que levan semanas e no que traballan arreo os electricistas e a brigada municipal, a quen dirixiu os seus agradecementos o alcalde, José Carlos Vidal, e, en especial, a María Sanmartín, xardineira e artista encargada de darlle un novo toque ao nacemento cada ano.

 

Posteriormente, para quece-lo corpo nesta tarde fría, convidouse ás persoas asistentes a desfrutar dunha chocolatada con churros e rosca.