Friday 22 de November de 2024

O espírito do Nadal xa se vive no CAD


Comeza o mes de decembro e o CAD situado na Pobra do Caramiñal xa ten todo preparado para o Nadal. De feito, neste día 1 deron a benvida oficial a esta época festiva.

Un trineo, unha casiña de xenxibre ou a caixa de correo para os Reis Magos son algúns dos elementos decorativos do interior, aos que hai que suma-la ornamentación exterior. Entre os obxectos atópase unha árbore inclusiva, segundo explica a animadora sociocultural, Saray Pazos, para convidar á veciñanza a que contribúa no seu engalanamento.

A concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo, puxo en valor o traballo realizado polas persoas usuarias do centro ocupacional e o voluntariado que levan inmersas no proceso dende o mes de outubro para o desfrute de todos/as, especialmente, das crianzas do Servizo de Atención Temperá. Cerecedo tamén agradeceu a colaboración de DS Smith Packaging Cartogal, empresa que doou o cartón empregado como base dos elementos decorativos.

Pola súa parte, Adrián Escurís, Jonathan Lijó e Alicia Fernández detallaron como viviron esta experiencia ao igual que sucede con outras festas temáticas.