Friday 22 de November de 2024

O concello de Riveira atenderá no Nadal aos usuarios do comedor social de Cáritas


Cun servizo de cátering do 19 de decembro ao 10 de xaneiro

O Concello de Riveira vaise encargar da atención aos 28 usuarios que fan uso do comedor social de Cáritas durante este Nadal.

Así se aprobou no día de hoxe en xunta de goberno local e despois de que esta eventualidade xurdise durante a última reunión de coordinación que mensualmente manteñen os Servizos Sociais de Riveira coas ongs Cáritas, Cruz Vermella e Eloraj.

A este respecto, o comedor de Cáritas estará pechado a efectos organizativos, razón pola cal o Concello prestará un servizo de cátering entre o 19 de decembro e o 10 de xaneiro.

É a primeira vez que o Concello se decanta por esta fórmula asistencial en datas navideñas.

Xoguetes para os nenos
Por outra banda, na xunta de goberno de hoxe tamén se aprobou unha partida para distribuír nesta época115 xoguetes educativos, ademais doutros 110 agasallos (doces, etc…) aos nenos e nenas que forman parte dos programas municipais de índole social.