Friday 22 de November de 2024

O Nadal vivirase tamén nas parroquias da Pobra


As parroquias do termo municipal da Pobra do Caramiñal gozarán tamén de actividades de Nadal dirixidas á rapazada que impulsa a Concellaría da Participación Veciñal.

A edil Amparo Cerecedo manifesta se que busca así descentraliza-las accións lúdicas do núcleo urbano para levar o espírito destas datas tamén ás zonas do rural.

Chocolatada, inchables, xogos tradicionais, minidisco, karaoke e obradoiros son as propostas que integran a programación a desenvolver en horario de 17.00 a 20.00 horas.

Levarase ao Alto de Cabío (no día 3), na escola do Campo (no día 5), no Campiño (no día 6), na Ribeiriña (no día 8), na Granxa (no día 10), en Santo Isidro (no día 15) e no Camiño Ancho (no día 21).