O Museo do Traxe recibiu estes días a visita da asociación de Amas de Casa de Pontevedra. O grupo ao completo pasouno en grande contemplando o legado téxtil doado polo gran bailarín e coreógrafo Juanjo Liñares, mentor deste espazo cultural que cada vez goza de maior popularidade máis aló das fronteiras da provincia. Especial interese causaron os bordados de moitas das pezas rexionais, provenientes de todas e cada unha das comunidades autónomas.