Saturday 16 de November de 2024

O Concello promove esta fin de semana as festas de San Francisco Xabier, no Ventorrillo


Haberá pasarrúas, actividades infantís, música e verbena na rúa Mosteiro de Bergondo

O Concello da Coruña, a través da súa Área de Fomento e Promoción da Cidade, organiza esta fin de semana as festas de San Francisco Xabier, que terán lugar na rúa Mosteiro de Bergondo. O Goberno de Inés Rey segue amosando a súa aposta polo programa de Festas nos Barrios, que permite que os distintos distritos da cidade conten con xornadas de ocio e tradición para fortalecer os vínculos da comunidade.

Durante esta semana xa se foron realizando diferentes actos na contorna da parroquia de San Francisco Xabier, incluíndo diferentes actuacións musicais e teatro. Mañá, venres 1, haberá pasarrúas ás 17.00 horas coa Charanga Santa Compaña. Ás 21.00 horas actuará o Dúo D’Vicio e ás 23.00 horas haberá verbena con Fania Blanco Show.

O sábado 2 continuarán as celebracións a partir das 11.00 horas, cando comezará opasarrúas coa Charanga BB+ e Os Celtas. Haberá inchables para nenos e nenas na contorna de Mosteiro de Bergondo a partir das 15.00 horas e durante toda a tarde. Á 21.00 horas actuará Aixa Romay e ás 23.00 horas será a quenda da verbena con Os Satélites. O domingo pecharanse os festexos cun pasarrúas coa Banda Eduardo Pondal de Corme e unha sesión vermú co Dúo Estrellas.