O Concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, presentou hoxe xunto a representantes do Club Natación Riveira a vindeira edición da competición Nada e Corre 2023, organizada pola Federación Galega de Triatlón e Pentatlón Moderno e o Club Natación Riveira.
O evento, que consistirá nunha proba de natación e outra de carreira, terá lugar o vindeiro domingo 10 de Decembro do 2023 a partir das 10:00 no Complexo Deportivo Municipal A Fieiteira.
Na proba poderán participar as categorías dende prebenxamín ata cadete; e as inscricións poderanse realizar a partir do venres 1 de decembro ata o martes 5. Os premios serán para os 3 primeiros clasificados individuais por categoría e sexo; e tamén os 3 primeiros clubes clasificados.