Tal e como se anunciara, o Concello iluminará a partir da noite deste venres unha árbore ou elemento significativo e visible en cada parroquia. A importancia que teñen todas as localidades, a dispersión poboacional e a variada morfoloxía das rúas, prazas, núcleos, urbanizacións e contornas, fai economicamente desmedido iluminar rúas ao completo.
Trátase de conseguirse unha ambientación elegante, simbólica e adaptada á realidade territorial. Tamén contribúen a ese ambiente festivo as distintas entidades veciñais que realizan iluminacións de distintos espazos e elementos públicos.