Saturday 16 de November de 2024

O Concello e a USC asinan un convenio marco para colaborar en múltiples ámbitos de interese para Santiago


A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, asinaron esta mañá un convenio que establece un protocolo marco de colaboración entre as dúas institución nas áreas de urbanismo e infraestruturas, vivienda, mobilidade, transferencia de coñecemento, prácticas formativas, cultura, igualdade ou deportes.

Goretti Sanmartín e Antonio López materializaron esta mañá a sinatura dun protocolo de colaboración entre o Concello de Santiago e a USC na que se sentan as principais liñas nas que se traballará conxuntamente nos vindeiros anos. A rexedora destacou que este convenio nace da necesidade de “establecer unha canle estábel e de diálogo fluído entre dúas institucións que partillan a estancia nunha mesma cidade e anos de relación, de tradición e de elementos en común”.

Coa sinatura deste protocolo establécese o marco xeral de colaboración entre o Concello e a Universedade para avanzar en diferentes materias ou ámbitos co obxectivo de desenvolver actuacións de común e acadar compromisos xurídicos concretos. Goretti Sanmartín salientou que este convenio permite “habilitar unha canle formal e única de relación” para poder concretar os compromisos de colaboración entre as dúas entidades” e establecer “cales son eses asuntos nos que queremos desenvolver unha serie de actuación que son prioritarias tanto para o Concello como para a Universidade”.

Entre os retos comúns recollidos no convenio e mencionados pola alcaldesa está “a formalización da transmisión de titularidade no Campus Sur”, a análise de “todo o que ten que ver coas propiedades e as infraestructuras” e posibilidade de “partillar equipamentos”; a “mellora da mobilidade entre os campus tanto en bicicleta como en trasnporte urbano, así como a conexión coa Intermodal e o bus nocturno”, a “recepción do novo estudantado” ou temas “que atinxen ao ámbito deportivo e cultural”.

Goretti Sanmartín anunciou que esta “vontade de traballo inmediato” vaise plasmar “nunha Comisión de Seguimento que se vai constituír a comezos de 2024”. Esta comisión ten como obxectivo velar polo cumprimento do acordado e manter un diálogo permanente e estará formada por tres representantes de cada unha das institucións.

Pola súa parte, o reitor da USC, Antonio López salientou que con esta sinatura materializa “a vontade das dúas institucións de avanzar en concrecións que son as que imos a ver a partir de agora coa formación da Comisión de Seguimento e a elaboración e redacción dos convenios nos que se plasmen os acordos definitivos”.

Antonio López mencionou outros temas nos que se traballarán de forma conxunta como “a vivienda e o uso residencial para o estudantado”, a “transferencia de coñecemento da USC para poñelo ao servizo da sociedade e do tecido empresarial de Santiago” ou traballar en temas de igualdade,”coa redacción de protocolos conxuntos onta a violencia contra as mulleres” ou o cuarto ciclo.

No acto de sinatura tamén estivo presente a primeira tenenta de alcaldesa, María Rozas.