Friday 22 de November de 2024

A Xunta reforza o seu compromiso coa atención á discapacidade nos orzamentos do vindeiro ano 2024


A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou esta mañá os usuarios do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) público autonómico da Coruña. Durante o encontro, lembrou que o Goberno galego está a reforzar o seu compromiso coa atención á discapacidade tal e como se reflexa nos orzamentos da Administración autonómico para o vindeiro ano.

 

A directora xeral puido comprobar as actividades para a preparación do Nadal que están a realizar os usuarios e as terapias e programas que se poñen en marcha nestas instalacións, que se teñen convertido nunha referencia na atención á discapacidade en toda a cidade. O Goberno galego destinará o vindeiro ano máis de 170 millóns de euros a esta área, un 4% máis que no vixente exercicio.