O equipo de goberno local mantivo onte unha reunión coa veciñanza na Casa da Cultura de Castiñeiras na que se abordaron distintos temas que afectan aos residentes da parroquia.
Durante o encontro abordáronse cuestións relativas á infraestructura e servizos públicos,accesibilidade, prazas de aparcamento e outros asuntos que impactan de xeito directo na calidade de vida da veciñanza.
O goberno municipal está a realizar reunións en tódalas parroquias co propósito de fortalecer a participación cidadá e fomentar a transparencia na xestión municipal. “Esta interaccióndirecta permitenos unha comprensión máis profunda das necesidades específicas de cada parroquia” explicou o alcalde Luís Pérez. Estas reunións serven como canles de comunicación moi efectivos de cara a unha gobernanza máis inclusiva e orientada ás “necesidades reais da veciñanza”.
Os veciños e veciñas que asistiron ao encontro expresaron as súas inquietudes, suxestións e propostas. Os representantes do goberno tomaron nota de tódolos asuntos expostos e comprometéronse a seguir traballando en conxunto coa comunidade.