Friday 22 de November de 2024

Aberto o prazo de solicitude de praza no Servizo Municipal de Conciliación durante o Nadal


As familias interesadas deben realizar o trámite antes do 15 de decembro.

O Concello anuncia a apertura do prazo de solicitude de praza para beneficiarse do servizo municipal de apoio á conciliación da vida persoal, laboral e familiar que se prestarán a través do Programa Harmoniza: Conciliando na Laracha durante o Nadal. As familias interesadas deben realizar esta trámite como data límite o 15 de decembro.

O servizo, que vai dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, estará en funcionamento coincidindo coas vacacións nos centros de ensino de luns a venres -agás festivos- entre as 7:00 e as 14:00 horas nas instalacións do CEIP Otero Pedrayo.

Ofrécense dúas modalidades de solicitude para acceder ao servizo ben todos os días ou ben días soltos de acordo ás necesidades de conciliación de cada usuario. Tamén se poderá escoller entre utilizar o servizo en horario completo ou reducido. En todos os casos é opcional o almorzo (servirase entre as 7:00 e as 9:00 horas). Os servizos básicos incluídos para calquera modalidade de inscrición son a acollida, coidado, vixilancia e realización de actividades educativas e lúdicas con profesionais especializados.
As solicitudes xa poden presentarse tanto presencialmente no rexistro central do Concello como en liña na sede electrónica.