As obras que comezaron no viario municipal da Urbanización O Pinar están realizadas e executadas polo Concello de Oleiros no marco da planificación de obras realizada por este organismo, pese a que estean financiadas con cantidades procedentes de fondos provinciais.
A confusión de que se trate dunha obra da Deputación deriva tanto da procedencia do investimento como da publicidade que o organismo provincial obriga a utilizar para difundir a súa actividade, pero corresponde ao Concello de Oleiros definir en que se invisten eses fondos do Plan de Obras e Servizos.
Tamén municipal é o proxecto de obra, a licitación, a súa realización e a recepción dos traballos ben executados, como ocorre con calquera outra obra municipal.
O importante é que a veciñanza do Pinar verá mellorada a súa contorna, pero tamén é importante que coñezan quen realiza esa obra no espazo público municipal, que non foi a Deputación senón o Concello.