Monday 25 de November de 2024

O Concello adicará 118.150,00 euros para financiar o Bono Comercio de Ribeira


No Pleno ordinario do 27 de novembro procedeuse á aprobación do cambio de denominación da Unidade de Atención a Drogodependentes (UAD) a Unidade de Conductas Adictivas (UCA) atendendo á proposta do concelleiro delegado de Sanidade, Juan Luis Furones Ramos. O concelleiro argumentou o cambio no perfil dos pacentes aos que presta servizo esta unidade, e “a necesaria redución da carga de estigmatización social coa que os usuarios son percibidos polos cidadáns, xa que este debe ser un dispositivo sanitario de referencia para calquera conducta adictiva e non só as drogodependencias”.

Asimesmo aprobouse a encomenda de xestión á Mancomunidade de Concellos Ría de Arousa Zona Norte para a realización das accións e tramitacións das licitacións recollidas na solicitude da axuda TUR-CAMINO2022-011; fondos europeos concedidos coa finalidade da dixitalización e mellora turística dos destinos da Mancomunidade.

O Concello de Ribeira tamén adicará un crédito extraordinario por valor de 118.150,00 euros para financiar unha nova edición do Bono Comercio Ribeira para este Nadal 2023/2024.
“Temos que contribuir a que a veciñanza realice as súas compras e xestións no noso Concello” argumentou o rexedor Luís Pérez. Pola súa parte, a concelleira de Comercio, Veva Betanzos, que defendeu a proposta do Bloque Nacionalista Galego; afirmou que “a dinamización do comercio local mediante bonos é unha estratexia fundamental para impulsar o desenvolvemento económico e beneficiar o tecido comercial.”