Friday 22 de November de 2024

O Concello de Ribeira instalará nova iluminación na contorna da Praza Heroínas de Sálvora


O Concello de Ribeira ven de adxudicar o proxecto de “Subministración e instalación de luminarias para o fomento da mobilidade sostible no carril bici, contorna da reordenación da Avda do Malecón e a súa confluencia coa Praza Heroínas de Sálvora e entrada ao Porto Pesqueiro.” O orzamento de licitación ascende a 64.170,99 e executarase nun prazo de 20 días.

Esta actuación está encamiñada a fomentar o uso seguro dos carrís bici existentes e a mellorar a visibilidade desta zona tan transitada; permitindo que condutores, peóns e ciclistas vexan claramente a contorna. O reforzo lumínico consistirá en 4 columnas dotadas de 15 proxectores con ópticas LED.

Este proxecto está incluído dentro das actuacións “EDUSI MÁS RIVEIRA ATLÁNTICA 2020”,cofinanciado con fondos FEDER no marco do programa operativo de crecemento sostible 2014-2020.
“Unha iluminación axeitada crea un ambiente máis seguro e reconfortante para a veciñanza e para os visitantes” explicou o rexedor Luís Pérez. “Unha boa iluminación facilita a identificación de obstáculos, sinais de tráfico e cruces, reducindo así o risco de accidentes.”