• A actuación, que supuxo un investimento de 28.441 euros, inclúe a renovación das luminarias existentes por outras con tecnoloxía LED
• O proxecto suporá un importante aforro no consumo enerxético dos edificios
O Concello de Laxe ven de rematar as obras do proxecto de mellora da eficiencia enerxética do pavillón e do campo de fútbol municipal, realizado en colaboración coa Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
Os traballos executados en ámbalas dúas instalacións supoñen unha importante mellora nas condicións luminosas dos edificios, substituíndose as luminarias existentes por outras con tecnoloxía LED. Búscase, así, mellorar o rendemento luminoso ao mesmo tempo que se reduce o consumo eléctrico.
O obxectivo desta actuación, que contou cun orzamento de 28.441 euros e foi executada pola empresa Elcova Instalaciones S.L, é transformar estes edificios, reducindo o consumo de enerxía e aumentando a eficiencia enerxética.
O rexedor, José Luís Pérez Añón, explica que “esta actuación permite mellorar as condicións para a práctica deportiva en dúas instalacións moi importantes para o noso municipio” e, completa, “suporá un importante aforro de custes en materia de enerxía”.
Complétase así unha actuación que consolida a aposta do equipo de goberno polo fomento da práctica deportiva e os hábitos saudables entre a veciñanza.