O Concello de Cambre a través da Concellería de Cultura e Tradicións Populares organiza este nadal a visita do Apalpador co obxectivo de dinamizar as parroquias rurais e os núcleos urbanos. Coa intención de recuperar as tradicións galegas, este Nadal achegarase a cada centro social unha actividade para os nenos entre 0 e 8 anos. Para o desenvolvemento do evento é fundamental a implicación e o apoio das asociacións de cada unha das parroquias. A actividade desenvolvese por medio dun contacontos que interpretará unha personaxe da mitoloxía galega que se preocupaba da alimentación dos nenos e nenas, O Apalpador, que no seu día perdeu protagonismo a favor de Papa Noel, grazas a sociedade de consumo. O Apalpador comeza a súa ruta por Cambre o día 23 de decembro a Barcala, Anceis e Andeiro, continua o luns 28 visitando as parroquias de Cambre, San Lourenzo e Santa María de Vigo. O día 29 percorrerá Sigras, Bribes e Brexo. Finaliza as súas visas visitas a Cambre o día 29 en Cecebre, Pravio e no Temple. O concelleiro de Cultura e Tradicións Populares, Ramón Boga, asegura que unha das súas responsabilidades é recuperar as tradicións populares “e o apalpador é unha delas”.
Articulos relacionados
Unha exposición en Fonseca mostra que “a bicicleta foi un modo de transporte habitual en Galicia e reivindica que volva selo”
septiembre 18, 2024 Comments are off 0 visitas
Esta mañá quedou aberta, no claustro de Fonseca, a exposición de bicicletas antigas organizada pola ...
A Xunta pon en valor o traballo diario do persoal da residencia de maiores Torrente Ballester, recoñecida como centro libre de suxeición
enero 16, 2025 Comments are off 0 visitas
O centro coruñés convértese no primeiro de Galicia en obter esta acreditación, que se enmarca ...
O Concello de Frades conmemorará o Día das Letras Galegas cun espectáculo de música infantil galega a cargo de Picadiscos Marifaltri
mayo 6, 2021 Comments are off 0 visitas
A actuación terá lugar o 17 de maio, ás 17:00 h, no multiúsos. Entrada de ...
