O Concello de Ribeira celebrou hoxe un acto institucional na Praza de España para conmemorar o día internacional para a eliminación da violencia contra a muller.
No evento participaron diversas asociacións do Concello e tamén a comunidade educativa; o alumnado de distintas escolas instalou nunha rede dornas en memoria de tódalas víctimas de violencia machista no ano 2023.
Posteriormente realizouse a lectura dun manifesto participativo e elaborado dende a concellería de Igualdade, no que se reafirmou o compromiso co Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
“Dende o concello de Ribeira seguirase apostando pola educación en igualdade, pola coordinación institucional e pola atención ás mulleres vítimas da violencia de xénero.” concluiu a concelleira Veva Betanzos.
De xeito posterior á lectura do manifesto, gardouse un minuto de silencio en memoriade tódalas víctimas, e o alcalde Luís Pérez, pechou o acto recordando a importancia da visibilización e concienciación deste problema e o compromiso do Concello coa prevención da violencia contra todas as mulleres.