Saturday 16 de November de 2024

Plantación árbores en Miño


O pasado sabado realizouse unha plantación de árbores en Gallamonde, co fin de repoboar a zona con especies autóctonas.

En total prantáronse unhas 140 árbores de cinco especies diferentes, grazas á axuda de 55 voluntarios da organización WWF.

Entre os exemplares había faias, nogueiras, castiñeiros, carballos e bidueiros.