Friday 22 de November de 2024

Ordes celebrará o seu I Trofeo de Patinaxe Artística este próximo sábado


150 competidores dunha ducia de clubs daranse cita durante todo o día no pavillón Castelao I. A xornada arrancará coas probas de niveis

O Concello de Ordes celebrará o vindeiro sábado, 19 de decembro, o seu I Trofeo de Patinaxe Artística na modalidade libre individual. Unha competición que se organiza conxuntamente co Club de Patinaxe Galia e que dará comezo ás 10 horas coas probas de niveis para rematar ás 20.30 horas cos patinadores e patinadoras das categorías autonómica e nacional. A organización ten previsto unha pausa para o xantar dende as 13.50 ás 15.45 horas.
Ao longo de toda a xornada o pavillón Castelao I acollerá probas nas que participarán deportistas dos 3 ata os 17 anos de idade. En total hai que falar de máis de 150 inscritos dos seguintes clubs: CP Anca de Lugo (Sarria), CP Axel – Arteixo, CP Fervello (Meicende), AD Fontiñas (Santiago), AD Liceo (A Coruña), CP Omega (Milladoiro), CP Oroso (Sigüeiro), CP Patiart – Coristanco, CP Raiola de Ferrol, CP Sarela (Ames), CP Velúa (Malpica) e CP Galia de Ordes.
Familiares e afeccionados poderán asistir de balde á cita ao longo de todo o día.