Touro, como cada mes de decembro, pon en marcha o Nadal Lúdico. Durante este mes o Concello de Touro organiza esta actividade para dar aos rapaces e rapazas de tres a doce anos unha alternativa de ocio e de ocupación do tempo de lecer dun xeito máis educativo e lúdico. O Nadal Lúdico terá lugar durante los días 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de decembro de 10.00 horas á 13.30 horas na Biblioteca Pública, ubicada nos baixos da sede do Concello de Touro, en Fonte Díaz. Quen queira apuntarse pode facelo dirixíndose aos Servizos Sociais de Touro. Esta actividade, que tamén permite conciliar a vida laboral e familiar dos pais de nais de Touro, está financiada pola Deputación da Coruña.
Articulos relacionados
A gañadora do Premio Xerais 2024, Marta Villar, e a escritora fenesa Paula Carballeira participarán este venres na II Xornada Literaria no Pote
junio 9, 2025 Comments are off 0 visitas
Unha pequena feira do libro, con venda e sinatura de exemplares, coloquio e presentación de ...
O Supremo dá a razón ao Concello de Oleiros na denuncia sobre a recalificación de solo no Seixal aprobada por Cambre
junio 19, 2025 Comments are off 0 visitas
A sala 5ª do contencioso administrativo do Tribunal Supremo recoñece que un concello limítrofe si ...
XXIV Certame Literario de Poesía e narración breve, Cambre 2017
junio 15, 2017 Comments are off 443 visitas
O día 16 de xuño de 2017, no IES David Buján, ás 12:30 h, conforme ...
