Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Paderne incide na importancia da reciclaxe cunha charla de xestión de residuos


 A sesión, impartida por Sogama, será o 30 de novembro na Casa Consistorial de Paderne, ás 19:00 horas

O Concello de Paderne organiza unha charla de recollida selectiva de residuos para a veciñanza. Realizarase na Casa Consistorial de Paderne ás 19:00 horas e o obxectivo é ensinarlles aos participantes a xestionar debidamente os residuos.

Os educadores de Sogama serán os encargados de impartila. Recordarán a importancia de aplicar a regra das 3R (reducir, reutilizar e reciclar) e tamén resolverán todas as dúbidas dos veciños e veciñas respecto aos resuduos que se deben botar en cada contedor.

O alcalde de Paderne, Sergio Platas, afirma que “Paderne é un municipio comprometido co medio ambiente. En xeral, a veciñanza está facendo as cousas ben no ámbito na reciclaxe, pero cremos que non está de máis este tipo de charlas, que seguro que algunha dúbida resolven”.