A concelleira de Cultura, Antía Alberte, presentou a estrea de Criaturas, obra que estrea o Grupo Municipal de teatro de Ribeira, xunto a Oscar Romero, o seu director. O espectáculo está baseado no texto da compañía catalana T de Teatre, de xénero cómico; e na montaxe participan unha treitena de artistas.
A obra pechará a Mostra de teatro de Ribeira o vindeiro día 8 de decembro no Auditorio Municipal ás 21:15. As entradas, gratuítas, poderanse retirar no mesmo Auditorio dende 45 minutos antes da estrea ata completar aforo; cun máximo de 2 entradas por persoa. A obra está recomendada para maiores de 12 anos.