Proxeccións, obradoiros, festas, visitas de Papá Noel e o tradicional encontro de corais, entre as actividades que ofrece o Concello
O Concello da Coruña ofrece unha ampla programación de Nadal na cidade, que inclúe tamén actividades nos centros cívicos municipais e nos Museos Científicos durante o mes de decembro e comezos de xaneiro. O Goberno de Inés Rey busca, deste xeito, que toda a cidadanía dispoña dunha oferta de ocio propia destas datas que se adapte á súa idade e sexa variada.
Nos museos científicos haberá actividades especiais do 23 de decembro ao 7 de xaneiro. O horario de apertura dos tres museos (Domus, Aquarium Finisterrae e Casa das Ciencias) será de luns a domingo de 10.00 a 19.00 horas (último acceso ás 18.00 horas no Aquarium Finisterrae e 18.30 horas na Domus e na Casa das Ciencias). Ademais, os días 24 e 31 de decembro o horario será de 10.00 a 14.00 horas e os museos permanecerán pechados os días 25 de decembro e 1 e 6 de xaneiro.
Na Casa das Ciencias haberá programación diaria do Planetario coas seguintes sesións: ‘Polaris’, para público infatil, ás 11.30 horas; ‘A noite é necesaria’, ás 13.00 horas; ‘Hazelnuts, en busca del planeta perfecto’, para público infantil, ás 17.00 horas, e ‘Vía Láctea’ + ‘O ceo en directo’, ás 18.00 horas.
Por otra banda, na Domus hai previstas dúas proxeccións especiais. A primeira será ‘MaaYiem, la extraordinaria historia de Jordi Sabater Pi’, un documental sobre a traxectoria deste científico autodidacta que, tras viaxar ás selvas de África, se converteu nun dos pais da moderna pirmatoloxía. A obra obtivo o Premio Prisma 2023 ao mellor traballo en vídeo e proxectarase ás 17.30 horas, do 23 ao 7 de xaneiro. O segundo pase será ‘La mujer que soñaba con números’, un documental sobre a vida de María Andresa Casamayor de la Coma, autora do texto científico máis antigo que se conserva escrito por unha muller española.
Gañou o Premio Prisma 2023 ao mellor proxecto singular e poderá verse todos os días ás 11.00 e ás 12.30 horas.
Terán lugar tamén do 23 de decembro ao 7 de xaneiro. Trátase de ‘As focas do Aquarium’, unha charla co público asistente á alimentación das focas que se desenvolverá ás 12.00 e ás 17.00 hora; e ‘Quenllas á vista’, un obradoiro experimental sobre cuiosidades das quenllas, que serán todos os días ás 18.00 horas.
Actividades nos centros cívicos
Por outra banda, os centros cívicos municipais contarán cunha serie de actividades destinadas á infancia durante os días non lectivos deste Nadal. A programación consta, ademais dos campamentos xa anunciados, de festas, obradoiros e visitas de Papá Noel.
Todos os eventos son de balde e requiren inscrición no propio centro cívico a partir do 11 de decembro. Ademais, tamén se programará o tradicional encontro de corais de Nadal, que terá lugar o martes, 19 de decembro, ás 17.00 horas no auditorio do Centro Sociocultural Ágora.
En primeiro lugar, as visitas de Papá Noel celebraranse do 21 ao 23 de decembro:
21 de decembro (de 18.30 a 20.30 horas)
● Centro cívico de Feáns.
● Centro Cívico do Castro de Elviña.
● Centro Cívico de Artesáns.
22 de decembro (de 18.30 a 20.30 horas)
● Centro cívico de Pescadores.
● Centro cívico de San Pedro de Visma.
● Centro cívico da Sagrada Familia.
● Centro cívico da Silva (ata as 20.00 horas).
23 de decembro (de 11.30 a 13.30 horas)
● Centro cívico de Santa Lucía.
Por outra banda, os obradoiros infantís dos centros cívicos celebraranse, tamén, do 21 ao 23 de decembro, para nenos e nenas de 4 a 12 anos de idade, coa seguinte programación:
21 de decembro (de 17.30 a 19.00 horas)
● Centro cívico de Feáns – Obradoiro de candeeiro e bola de Nadal.
● Centro cívico do Castro de Elviña – Obradoiro de candeeiro e bola de Nadal.
● Centro cívico de Artesáns – Obradoiro de elfos e candeeiro.
22 de decembro (de 17.30 a 19.00 horas)
● Centro cívico de Pescadores – Obradoiro de bola de neve e candeeiro.
● Centro cívico de Visma – Obradoiro de elfos e candeeiro.
● Centro cívico da Sagrada Familia – Obradoiro de bola de neve e candeeiro.
● Centro cívico da Silva – Obradoiro de elfos e candeeiro.
23 de decembro (de 10.30 a 12.00 horas)
● Centro cívico de Santa Lucía – Obradoiro de candeeiro e bola de neve.
Por último, do 26 ao 30 de decembro, celebraranse festas infantís de Nadal nos centros cívicos, con animación e visitas especiais dos Reis Magos. Esta é a programación completa:
26 de decembro (de 17.30 a 20.30 horas)
● Centro cívico de Labañou.
● Centro cívico da Cidade Vella.
● Centro cívico do Castrillón.
27 de decembro (de 17.30 a 20.30 horas)
● Centro cívico de San Diego.
● Centro cívico de Monelos.
● Centro cívico dos Rosales.
28 de decembro (de 17.30 a 20.30 horas)
● Centro cívico de Novo Mesoiro.
● Centro cívico de Monte Alto.
● Centro cívico de Eirís.
29 de decembro ( de 17.30 a 20.30 horas)
● Centro cívico dos Mallos.
● Centro cívico de Novoboandanza.
30 de decembro (de 17.30 a 20.30 horas)
● Centro cívico de Palavea.
● Centro cívico de Elviña.