• O acto terá lugar o venres, 24 de novembro, ás 11.30 horas no Concello.
Neste 25N, Carral cambiará o silencio polas palabras. O Concello conmemorará o Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero cunha lectura do manifesto do 25N por parte do alcalde de Carral, Javier Gestal, e cunha cacerolada. Un ano máis, contarase coa participación do alumnado do IES de Carral e do CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel.
O acto terá lugar o venres, 24 de novembro, desde as 11.30 horas no Concello. Ao concluír, levarase a cabo a inauguración do banco da igualdade. Trátase dun elemento de cor violeta que simbolizará o rexeitamento de todo o Concello fronte á violencia machista. En total, o Concello disporá de catro bancos destas características que se repartirán en varios puntos do termo municipal.