Friday 22 de November de 2024

Os alcaldes do Son e Riveira trasladan á nova conselleira de Medio Ambiente as necesidades dos concellos veciños


Os alcaldes de Porto do Son e Riveira, Luis Oujo e Manuel Ruiz, mantiveron en Santiago de Compostela unha reunión coa nova conselleira de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Beatriz Mato, co fin de expoñerlle distintas necesidades que en material ambiental e de saneamento son de interese para os concellos veciños.

Así, no transcurso desta xuntanza, na que tamén estivo presente o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, Beatriz Mato informou a Oujo Pouso de que a Consellería vai acompeter o saneamento de Queiruga no 2016, en tanto que a estación depuradora de Caamaño e Xuño xa está consignada nos orzamentos autonómicos, de feito, sairá a licitación a principios do 2016.

Outro tema de interese é o da captación de auga de Moldes co fin de abastecer a zona sur de Porto do Son: unha actuación respecto da cal a titular autonómica de Medio Ambiente informou de que a redacción do proxecto técnico correspondente está case rematado.

Pola súa parte, Ruiz Rivas manifestoulle a necesidade de completar o saneamento integral de Riveira actuando en determinados núcleos que, pertencendo ás parroquias de Olveira e Oleiros, aínda non están conectados á rede xeral.

De igual xeito, subliñoulle a conveniencia de contar cunha Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) no río Sieira.