Thursday 21 de November de 2024

A Pobra acollerá o XVI Campionato Xunta de Galicia de Marcha en Pista de Inverno no 26 de novembro


O atletismo constitúe unha das disciplinas deportivas con maior dinamismo na Pobra do Caramiñal. O XVI Campionato Xunta de Galicia de Marcha en Pista de Inverno chega no 26 de novembro, a partir das 10.30 horas, ao estadio municipal da Alta, da man da Federación Galega de Atletismo (FGA), a Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal e a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza.

No que respecta ao desenvolvemento da proba, o concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, explica que os/as atletas deberán completa-la distancia segundo a categoría correspondente (sub-10, sub-12, sub-14, sub-16 e absoluta), tanto masculina coma feminina.

Faráselle a entrega de medallas conmemorativas a quen acade as tres mellores clasificacións nas distintas modalidades.