• O obradoiro terá lugar no local social Valle Inclán, de 10:30 a 12 30 horas
• A lectura do Manifesto realizarase ás 13 horas diante da Casa do Concello
O Concello de Laxe organiza para este 25 de novembro un obradoiro de igualdade para nenos e nenas e unha concentración para ler o Manifesto contra a violencia de xénero diante da Casa do Concello.
O taller celebrarase no local social Valle Inclán, desde as 10:30 horas ata as 12:30 horas, onde realizarán diferentes manualidades con temática de igualdade e en contra da violencia de xénero. Non será necesaria inscrición e poderán participar mozos e mozas de calquera idade.
A continuación os participantes no obradoiro desprazaranse ata a Casa do Concello, onde se realizará un acto público para a lectura do Manifesto en contra da violencia.
Desde o Concello de Laxe animan a todos e todas, veciñanza e visitantes a formar parte deste acto de lectura do manifesto en contra da violencia de xénero este 25 de novembro.