Friday 22 de November de 2024

O alumeado de Nadal terá lugar este venres co propósito de dinamizar o comercio local


Os edís Francisco Suárez-Puerta e Genoveva Betanzos presentaron hoxe a programación con motivo do alumeado de Nadal para o concello de Ribeira.

O alumeado realizarase o venres 24 ás 18.30 na Praza do Concello e estará amenizado por un concerto de Leite con Galletas. Asimesmo, co propósito de dinamizar o comercio local neste Black Friday celebrarase unha chocolatada tamén na Praza do Concello ás 19 horas.

Posteriormente inaugurarase o Belén do Malecón, no que estivo traballando o alumnado de carpintería da UAD durante as últimas semanas, tamén amenizado pola charaganga BB+, que se desprazará polas rúas de Ribeira “co propósito de animar á veciñanza a consumir no comercio local” segundo explicou o concelleiro Suárez-Puerta.

O concelleiro tamén destacou que este ano, como novidade, instalarase unha gran coroa de6 metros na Praza do Concello, unha campá xigante de 9 metros no Malecón, unha pirámide na Praza de España, e outros elementos decorativos como photocalls.

O día 1, procederase o alumeado en tódalas parroquias, onde se instalarán árbores naturais nas distintas igrexas e capelas decoradas; así como teitos lumínicos e outros elementos decorativos para tódalas rúas.