Saturday 16 de November de 2024

O III Trail Concello de Miño congrega a 263 deportistas e proclama vencedor e vencedora a Adrián López e Miriam Tojeiro


● Felipe Corral e Lida Cardamas fixéronse coa primeira praza da categoría Máster e Adrián López e Miriam Tojeiro no Sénior.

● Juán Vázquez Amado foi o primeiro miñense na clasificación, cun tempo de 58:59 minutos.

● Este ano o evento volveu a apoiar á asociación ‘querENDo, mulleres con con endometriose’ para visibilizar esta enfermidade que padecen máis de 60.000 mulleres galegas.

O III Trail Concello de Miño ‘Boucelo San Ramón’ foi todo un éxito. Un total de 263 persoas, sumando as persoas rexistradas nas tres modalidades, participaron nesta proba, organizada polo Concello de Miño e o Club Trail Running Galea Sport, coa colaboración da Federación Galega de Atletismo.

A proba organizouse en: trail de longa distancia (23,2 quilómetros, un desnivel positivo aproximado de 885 metros e un 95% do trazado son camiños de terra e sendas), curta distancia (13,3 quilómetros, un desnivel de 450 metros e un 90% do trazado son camiños de terra e sendas) e andaina (12,6 quilómetros , cun desnivel de 410 metros e que discorre un 90% do trazado por camiños de terra e sendas).
O concelleiro de Deportes, José Manuel Pantín, entregou os trofeos no pavillón municipal. En categoría absoluta, en categoría masculina e feminina, as tres premiadas e premiados foron: Adrián López Baltar, Sergio García Rodríguez e Juan Vázquez Amado; Miriam Tojeiro, María Mareque Martínez e Laura Felisa López López. En categoría Máster as tres primeiras clasificadas e clasificados foron: Lida Cardamas Freire, Patricia Barreiro García, Ana María Maceiras e Felipe Corral Rey, Álex Amado Couto, #Luis Moreira Martínez. En categoría Sénior, as tres primeiras clasificadas e clasificados foron Miriam Tojeiro, María Mareque Martínez e Laura Felisa López López e Adrián López Baltar, Sergio García Rodríguez, Juan Vázquez Amado.
Ademais, houbo un trofeo para o primeiro deportista censado en Miño, premio que neste caso recaeu en Juan Vázquez Amado, cun tempo de 58:59 minutos.

Apartado solidario
Este ano a asociación ‘querENDO, mulleres con endometriose’ volveu a formar parte da carreira co obxectivo de visibilizar esta enfermidade que padecen máis de 60.000 mulleres galegas. Previamente á celebración do Trail, e na propia proba, realizáronse actividades dentro da campaña ‘Trail Miño 2023 pola endometriose’. Na meta instalouse un punto de información.
A recadación do dorsal 0 irá destinada integramente á organización querENDO.

Os resultados del Trail largo son os seguintes:

Xeral masculino sénior

1.- José Santiago Villar
2.- Aitor Franco Bouza
3.- José Ángel Díaz Bautista

Xeral femInino sénior

1.- Helena Peñas González
2.- Kenia Estrada
3.- Mónica Guardado Calvo

Xeral masculino máster

1.- José Angel Díaz Bautista
2.- Jesús Álvarez Chinchilla
3.- David José Penedo Díaz