• As actividades, que se celebrarán no Pavillón Polideportivo Municipal, darán comezo ás 17:30 horas
• Haberá música ambiental, inchábeis, castañas e bebidas de balde para todas as persoas asistentes
• Ao longo da xornada impartiranse obradoiros de artesanías varias, como cestería, coiro, olería, pintura ou gancho
O XII Magosto e Mostra de Artesanía de Laxe será finalmente o 25 de novembro de 2023. A festividade tivera que ser aprazada por mor das malas condicións meteorolóxicas.
O evento celebrarase no Pavillón Polideportivo municipal e dará comezo a partir das 17:30 horas da tarde.
Tal e como estaba programado, haberá música ambiental, inchábeis, castañas e bebidas de balde para todas as persoas asistentes.
Porén, por motivos alleos ao Concello, non se poderá realizar o espectáculo ‘Xogos do Paporrubio’, subvencionado pola Rede Cultural da Deputación da Coruña. Deste xeito, a súa actuación terá lugar o domingo 17 de decembro.
Ademais, ao longo da xornada impartiranse obradoiros de artesanías varias, como cestería, coiro, olería, pintura ou gancho.
Desde o goberno local do Concello de Laxe animan a participar nesta xornada outonal e a gozar desta actividade tradicional no municipio.