A concelleira de Innovación, Infraestruturas e Mobilidade abriu o acto de lectura de manifesto e ofrenda floral con motivo do Día Mundial en Recordo das Vítimas da Violencia Viaria
A concelleira de Innovación, Infraestruturas e Mobilidade, Nereida Canosa, abriu esta mañá o acto de lectura de manifesto e ofrenda floral con motivo do Día Mundial en Recordo das Vítimas da Violencia Viaria. Reivindicou que cando falamos de cifras de tráfico, falamos de persoas. “Detrás de cada unha das vítimas de tráfico hai outras invisibles, as súas familias” explicou.
Canosa, acompañada da edil de Atención Cidadá e Seguridade, Montserrat Paz, agradeceu o traballo da asociación Stop Accidentes na concienciación e sensibilización da seguridade viaria. A edil deu paso a Jeanne Picard, presidenta de Stop Accidentes, que procedeu á lectura do manifesto nacional. Posteriormente, gardouse un minuto de silencio e fíxose unha ofrenda floral en memoria das vítimas de violencia viaria. A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, pechou o acto.