As/os xadrecistas teñen unha cita no 26 de novembro co VII Torneo de Xadrez Pizza Móvil Concello da Pobra.
Esta proba desenvolverase no Liceo Pueblense, ás 17.00 horas, seguindo o sistema suízo en 5 roldas de 10 minutos + 3 segundos.
O concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, explica que se continúa así “na dinamización da vida deportiva do municipio cunha cita que se foi consolidando no calendario deportivo local.”
Ademais dos premios participativos, haberá diversos trofeos: tres primeiros/as clasificados/as, tres primeiros/as locais, primeiro/a sub-12, primeiro/a sub-10 e primeiro/a sub-8.
Organizan a Concellaría dos Deportes, Club Deportivo Marquiño, Liceo Pueblense, Xogade e Pizza Móvil.