Esixirán que nos próximos orzamentos se reserve unha partida con este fin, e solicitan ademais que se instalen redes nos laterais do campo para evitar molestias nas casas colindantes
“Os máis de 300 rapaces que usan estas instalacións están xogando en caucho” explica Gonzalo Muíños
O estado do campo de fútbol de Villestro será debatido no próximo pleno, a instancias do Grupo Socialista, que levará unha proposta solicitando a renovación do seu céspede “que actualmente, está moi deteriorado”.
Gonzalo Muíños insiste en que se trata dunha cuestión que debera acometerse con rapidez: “existen lugares onde xa non hai céspede e, outros, nos que directamente, se xoga sobre o caucho” explica. Recorda ademais que o próximo ano Santiago acollerá previsiblemente os Xogos do Eixo Atlántico “polo que as instalacións deportivas deberían estar nas mellores condicións posibles”, pensando tamén “nos máis de 300 nenos e nenas do club que usan diariamente o campo.
Propoñen ademais a instalación de redes nos laterais do campo para evitar molestias as casas colindantes por balóns extraviados. Muíños reclamará ademais que nos orzamentos do próximo ano se reserve unha partida para abordar esta cuestión, “pensando tamén en que se podería acondicionar a parcela anexa para dar servizo ao propio campo, con un aparcadoiro por exemplo, ou outros usos deportivos”.