Friday 22 de November de 2024

O Conservatorio Municipal de Ribeira acolle o I Seminario Frautisimamente


A concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, presentou hoxe o I Seminario Frautisimamente, acompañada do director do Conservatorio, Álvaro López e a profesora de Frauta, Sabela Galbán.

A aula de frauta do Conservatorio Municipal Enrique Paisal de Ribeira aumenta así a súa oferta formativa con tres frautistas que impartirán cadanseu encontro trimestral ensinando, correxindo e animando a tódolos frautistas que desexen apuntarse.

O primeiro encontro será os vindeiros días 17 -en horario de tarde- e 18 -día completo- de novembro con Adrián Silva Magdalena, da banda de música municipal de A Coruña. Cesar Concheiro Guerrico, profesor de frauta do Conservatorio Superior de Música da Coruña, estará o 24 e 25 de febreiro, e por último en xuño, Silvia Roza Ramallal, frauta solista da orquesta da öpera de Hannover.