Friday 22 de November de 2024

O pleno a aproba as obras do POS e PAS por unaimidade


Os fondos do Plan de Acción Social se utilizarán para a instalación do céspede artificial e rega no Campo de Fútbol municipal de “Os Pinares ”Brexo- Lema” con un orzamento de 492.102,54 euros

A Corporación aprobou por unaimidade a porposta sobre os proxectos do Plan Provincial (POS) 2016 e do Plan de Acción Social (PAS) que contan cunha inversión de máis dun millón de euros e que tenta levar a cabo unha serie de obras moi demandadas polos vecinos. Antes de dar comezo a sesión o alcalde, Oscar García Patiño, rogou que se gardase un minuto se silencio polas dez vítimas mortais, dous axentes da Policía Nacional, nol atentado de Kabul.
Asemade, tomou posesión como concelleira do PSdG-PSOE, Josefa Vázquez Soto, tras a renuncia de Agusto Rey como concelleiro.
O segundo punto a tratar, as obras incluidas no POS, aprobouse por unanimidade.
A proposta inclúe destinar unha parte dos fondos do POS principal ao financiamento do gasto corrente no orzamento municipal do vindeiro exercicio 2016 e a outra para a actuación en varios camiños de titularidade publica. A achega do POS é de 398.648,25 euros da Deputación, dos que 203.544,91 euros se invertirán na obra principal e o resto en gasto corrente. Con respecto a obra, consiste fundamentalmente na mellora da rede viaria nas parroquias de Cecebre, Bribes, Sigrás e Cambre coa renovación de firmes que se atopan en mal estado.
Por outro lado, no POS Complementario se destinan máis de 62.000 euros a proxectos de mellora e aforro energético co alumeado público nas parroquias de Anceis, Brexo, Cambre e Cecebre. Consiste por unha banda na supresión de puntos a consumo libre e por outro na reposición de lámpadas e equipos, e reforma de cadros eléctricos.

Respecto ao tercer punto da orde do día, as obras incluidas no Plan de Acción Social, tamén foron aprobadas por unanimidade.

PAS
En concreto, os fondos do Plan de Acción Social contemplan a instalación do céspede artificial e rega no Campo de Fútbol municipal de “Os Pinares ”Brexo- Lema” con un orzamento de 492.102,54 euros. As obras consisten esencialmente na colocación de céspede artificial para un maior e mellor uso das instalacións, na mellora do sistema de drenaxe, na instalación dun novo sistema de rego, no cambio dos equipamentos deportivos, na colocación dunha nova barandilla de peche e na preinstalación de iluminación e columnas de alumeado no campo de fútbol Brexo-Lema.
Por outra banda, se renovará o firme en Seoane (Anceis) e A Patiña (Cambre) cun orzamento de 54.916,72 €. As obras consisten esencialmente na renovación de firmes nuns camiños municipais.
No caso do PAS Complementario se leva a pleno a aprobación do traslado e mellora do parque infantil da praza Jose Luis Caso Cortines. Será o parque infantil maís adaptado aos nenos con diversidade funcional. O máis moderno do municipio.
A obra consiste na mellora dunha praza, por unha banda no traslado do parque infantil existente no centro da praza para outro lugar da praza máis axeitado e por outra na mellora do drenaxe da praza. O importe total desta obra alcanza os 106.941,32 euros. A intención é trasladar o parque infantil a unha zona máis adecuada e reformalo para facelo accesible dado que o seu estado actual é moi deficiente. Aumentarán os columpios dobles se dotará ao parque con asientos adpatados para nenos con diversidade funcional, rocódromo, tobogán, barras de deslizamiento, e estrutura de aceiro, apto para idades entre 4 e 14 anos, e con capacidade para 14 usuarios. Un carrusel con acceso enrasado co pavimento, e con capacidade para o uso simultáneo de dous nenos con movilidade reducida (espacio para cadeira de rodas) e cuatro nenos sentados. Neste mesmo parque haberá unha zona para nenos de 2 a 6 anos cun muelle Balancín con xogo de laberinto, tobogán temático, columpio con dous asentos e un xogo de imaginación de tipo teatro con forma de avión.
Tamén co PAS complementario se levará a cabo a mellora da seguridade vial en Sobreguese (Cecebre) e a renovación de pavimento en Castrillón (Pravio), cun orzamento de 99.467 euros. Consiste esencialmente na renovación de firmes nuns camiños municipais, primeiro co lavado do firme, facendose un reperfilado das cunetas, para logo nivelar, extender e compactar con material de achega e zahorras e por último a extensión do aglomerado en quente sobre o firme existente, fresado onde sexa necesario.