O médico e psicólogo clínico Ernesto López Méndez será o especialista que imparta unha nova edición das Xornadas de Saúde e Benestar Persoal que terán lugar na Pobra do Caramiñal nos días 28, 29 e 30 de novembro.
Esta iniciativa que promove a Administración local vertébrase na presentación de varios libros que tratan distintos aspectos para contribuír a acada-lo benestar. A este respecto, a concelleira da Sanidade, Patricia Lojo, explica que nesta ocasión “porase o foco na saúde mental e nas relacións sociais para mellora-lo estado psicolóxico e emocional que complementa o físico para logra-lo que habitualmente consideramos unha vida plena.”
Serán tres coloquios que se van desenvolver no Auditorio do Museo Valle-Inclán, ás 19.30 horas. No día 28 analizaranse as obras Si la vida nos da limones, hagamos limonada e No tengo ganas de nada y no se me va esta tristeza que buscan darlle sentido á vida, cando a ansiedade e a depresión nola complican.
A quenda de No me comprendes, y tú a mí tampoco e Tócame otra vez (cómo revivir el deseo sexual), coa finalidade de se comunicar ben para vivir mellor, chegará no día 29.
E, por último, no día 30 examinaranse Familias competentes I (por una convivencia confortable en casa), Familias competentes II (guías didácticas para resolver problemas) e Qué fácil ganarlo, qué difícil perderlo (dar sentido a la vida cuando el sobrepeso y la obesidad nos lo complica), para aborda-lo concepto de familias competentes e saudables.
O acceso é libre ata completa-la cabida da dita instalación municipal.