Friday 22 de November de 2024

De Ste Xeito Producións presenta BACKUP, a resurrección de Nuno o sábado 18 de novembro no auditorio de Mera


O sábado 18 de novembro ás 20:30 horas representarase BACKUP, a resurrección de Nuno da compañía De Ste Xeito Producións.

A obra dirixida por Cecilia Geijo xira sobre a intelixencia artificial xa que en pleno funeral do avó Nuno, a familia decátase de que o seguro contratado polo falecido, ofrece a posibilidade de resucitar dixitalmente o finado, a través dun innovador dispositivo de IA. Mentres tanto gozarán dunha semana de fábula nun resort vacacional de alta tecnoloxía. Inicialmente a matriarca: Sabela, decidirá o como e o cando do uso de tal dispositivo, que permite aos familiares conectarse neuronalmente a Nuno e reencarnalo. Pouco a pouco a resurrección de Nuno vai tomando terreo por si mesma, dando lugar a que saian á luz conflitos e segredos familiares que enfrontan a cada membro deste clan con dilemas que resolver e verdades que asimilar.

Autoría: Pilar G. Almansa
Dirección: Cecilia Geijo
Adaptación: Roi Vidal Ponte
Elenco: Pepa Barreiro, Sergio Macías, Stephy Llaryora, Xurxo Cortázar, Nadia Doménech e Ángel Outumuro
Público: adulto
Duración: 75 minutos
Prezo: 4,00 euros. Venda de entradas a partir das 19.30 horas no propio espazo.
Programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña