Thursday 21 de November de 2024

O Concello de Ribeira conmemora o Día Mundial da Diabetes xunto a Asociación Anedia


O Concello de Ribeira conmemorou hoxe o Día Mundial da Diabetes xunto a Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia. Anedia traballa pola prevención da enfermidade dende a educación e a defensa dos dereitos das persoas con diabetes co fin de conseguir a súa plena integración escolar, laboral e social.

A presidenta, María José Rego, achegou unha pancarta que estará pendurada do balcón do Concello co propósito de amentar visibilidade á enfermidade.

A Asociación fixo ademáis doazón á Biblioteca Municipal de Ribeira dunha edición de libros educativos dos Bolechas sobre a Diabetes. A concelleira de Educación Cruz Rivadulla fará un reparto polos centros educativos municipais co propósito de “crear conciencia sobre a importancia da prevención e informar a tódolos rapaces e rapazas sobre os factores de risco”.

Pola súa parte, o concelleiro de Sanidade, Juan Luis Furones, destacou o traballo da Asociación e reafirmou o seu compromiso de seguir traballando para visibilizar a enfermidade, “fundamental para avogar polo acceso equitativo á atención médica e os recursos necesarios para o manexo efectivo de diabetes.”