· Esta actividade comezou o mes de novembro e estenderase ata finais de abril.
· As persoas participantes traballan exercicios que favorecen a linguaxe, a orientación, o cálculo, o recordo a curto e longo prazo…
Neste mes de novembro deron comezo os obradoiros de memoria para persoas maiores organizados polo Concello de Camariñas e no que participan un total de 40 persoas, das cales 5 son usuarias das Casas do Maior do municipio.
Esta actividade, que comezou o día 2 de novembro en Camariñas e o día 7 de novembro en Camelle, alongarase ata finais de abril e comprende unha sesión á semana en cada un dos centros.
Nas sesións as persoas participantes traballan exercicios que favorecen a linguaxe, a orientación, o cálculo, o recordo a curto prazo e a longo prazo, o manexo de moedas, o calculo do tempo, a atención e a concentración, a estimulación cognitiva, as funcións executivas e a praxis.
Estes obradoiros lévanse ofertando á poboación de Camariñas desde o ano 2017, coa interrupción no 2020 pola pandemia e a reactivación no ano 2022.