A rede de bibliotecas públicas municipais segue adiante co programa de animación á lectura “Ler conta moito, Obradoiros e a Hora do Conto” do 13 ao 17 de novembro.
Do 13 ao 17 de novembro nas bibliotecas públicas municipais as crianzas (+2 anos) poderán gozar da “Hora do Conto” e diversos obradoiros de promoción da lectura. A programación será a seguinte:
Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros)
Martes 14 de novembro, ás 18:30
Para crianzas de 5 anos en adiante (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
TÍTULO: “Animais do bosque”
CONTACONTOS: Trinketrinke Teatro
Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 15 de novembro, ás 18:30
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
TÍTULO: “Sorpresa!”
CONTACONTOS: A Xanela do Maxín
Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 16 de novembro, ás 18:30
Para crianzas de 2 a 4 anos (Aforo completo)
TÍTULO: “Follas de outono”
CONTACONTOS: Ramiro Neira
Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera)
Venres 17 de novembro, ás 18:30
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
TÍTULO: “Ollo, piollo”
CONTACONTOS: Chus Álvarez
* Aforo limitado: infórmate chamando á biblioteca onde se realiza a actividade e reserva a túa praza.