O xoves 16 de novembro, ás 19:00 horas terá lugar a presentación da novela Ámame anarquista de Luisa G. Avecilla no teatro das Torres en Santa Cruz.
Ámame, anarquista é unha historia de mulleres na que os homes se presentan como distantes e esvaradíos. A persecución dun imposible amoroso é a súa idea clave.
Dúas mulleres, en dúas épocas distintas e con temperamentos dispares, levan a busca obsesiva dunha quimera. Inés, no primeiro terzo do século XX, embárcase na aventura de seguir os pasos do lendario anarquista leonés, Buenaventura Durruti, do que se namora perdidamente, levándoa a pasar situacións penosas e converténdoa nun elemento activo do movemento revolucionario. Lucía, nos albores do século XXI, na súa busca interminable de Simón, non vivirá a súa vida a causa de deixarse arrastrar por unha paixón que nin ela é capaz de entender.
Luisa G. Avecilla é licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.Ao acabar os estudos optou polo xornalismo e durante dúas décadas traballou como secretaria de redacción e redactora xefa en prensa escrita e revistas de difusión autonómica e estatais. Actualmente compaxina o seu traballo de funcionaria coa escritura.
Intervirán no acto de presentación a autora, Luisa G. Avecilla; e o xornalista Ricardo Sandoval.
O acompañamento musical será a cargo de Gertraud Brilmayer, violinista da Orquesta Sinfónica de Galicia e o cantautor César Morán porá música ao poema de Claudio Rodríguez Fer, Ámame anarquista.
Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo.