• Este proxecto, subvencionado pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, ten o obxectivo de optimizar a principal rede viaria do polígono.
• Actuarase nunha superficie total de 12.494 m2, dividido en dous treitos de 750×13,00 e 245×11,20 m.
• Nesta actuación preténdese a mellora da capa de rodaxe, a limpeza de ambas marxes da vía e a sinalización horizontal con pintando en liñas en bordes e eixo, símbolos e cebrados.
O Concello das Somozas investirá 150.000 euros no proxecto de pavimentación e de mellora da principal rede viaria do seu polígono empresarial e industrial, no que se actuará nunha superficie total de 12.494 m2, dividido en dous treitos de 750×13,00 e 245×11,20 m.
Este proxecto, subvencionado pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, ten o obxectivo de optimizar e renovar o principal viario do polígono industrial do municipio.
Nesta actuación preténdese a mellora da capa de rodaxe, previa reparación de fochancas e perfilado das arquetas e pozos para adaptalos á nova rasante. Así, tamén realizarase a limpeza de ambas marxes da vía, sinalización horizontal con pintando en liñas en bordes e eixo, símbolos e cebrados.
Esta subvención está incluída dentro das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023.
Tras o anuncio, o alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembrás destacou que “esta actuación continúa coa aposta en firme que este goberno local está a levar a cabo para facer do polígono industrial das Somozas un referente na comarca na creación e dinamización de emprego”.