Saturday 23 de November de 2024

Talentia Summit recupera o seu formato presencial con actividades formativas, mentorías e entrevistas laborais


O Palacio de Congresos acolle hoxe a feira de talento e emprego de Talentia Summit, que recupera o seu formato presencial “para atender mellor a demanda tanto das empresas como das persoas inscritas”. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, visitou hoxe as instalacións, onde se están desenvolvendo diferentes cursos, entrevistas de traballo, e tamén mentorías.

Máis de 300 persoas participaron nos cursos de formación ofertados en Talentia Summit, a maioría deles en colaboración coa Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre e tamén da man de Creativas Galegas. Estas actividades presenciais abordaron diferentes temáticas, desde manipulación de alimentos ata márketing dixital, pasando por paquetería creativa, técnicas de venda, ou uso das apps na procura de emprego. Ademais, no Palacio de Congresos tamén se habilitaron espazos para que algunhas empresas puideran realizar entrevistas de traballo presenciais, e outros para mentorías e orientacion laboral.

Ata o próximo venres continuará a feira virtual de Talentia Summit, cunha ampla oferta formativa para a que xa se esgotaron as prazas dispoñibles nos cursos de formación 100% on line para a súa realización por libre. A web talentiasummit.com tén superando os 25.000 usuarios e usuarias únicas, e a través dela xa foron intermediados máis de 700 curriculums.